Circular informativa 04/2022

Programa de xestión para despachos: gratuíto para colexiados/as exercentes residentes do ICA de santiago

O Colexio está a xestionar coa editorial xurídica vLex a adquisición do programa de xestión para despachos Quolaw-vLex coa intención de poder ofrecelo de forma totalmente gratuíta aos colexiados e colexiadas exercentes residentes.

Este programa de xestión de despachos é actualmente o software máis completo e avanzado do mercado e ofrece unha solución integral para a xestión de clientes, contactos, expedientes, documentos, axenda, correo electrónico, facturación, datos contables e informes.

Debido ao importante desembolso económico que supón para o Colexio a adquisición deste programa e co fin de poder ofrecelo gratuitamente aos colexiados/as exercentes residentes, abrimos un prazo, ata o 5 de maio, para que aqueles avogados/as que teñan interese en integrar este software de xestión no seu despacho nolo indiquen (enviando un correo a icajuzgado@icasantiago.org), xa que entendemos que este investimento quedaría xustificado sempre que este programa sexa utilizado por máis de 50 usuarios.

Para ampliar ou aclarar calquera información sobre o dito programa, poderase contactar co secretario técnico do Colexio (Manuel Arza, 981 581 713).

Circular informativa 04/2022

Presentacion Quolaw Ica Santiago