Nota informativa: cursos
O Colexio de Avogados, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza dous cursos que serán impartidos na modalidade de teleformación dende a plataforma avogacía.gal
1. Curso de Mediación II (Documentación)
Este curso complementa a formación básica xa impartida no Curso de Mediación I polo Consello da Avogacía Galega. Ten como obxectivo principal fornecer a aprendizaxe e a información de carácter teórico sobre a mediación aplicada aos ámbitos familiar, penal e penitenciario.
Datas: de setembro a decembro de 2015
Horas lectivas: 75 (10 prácticas)
Prazo de inscrición: 15 de setembro de 2015
Inscrición: secretaría do ICA de Santiago
Custo: 40 € para exercentes; 80 € para non exercentes e demais interesados
Edición: complementaria ao Curso de Mediación I realizado anteriormente.
2. Curso de procedemento penal do menor (Documentación)
O seu obxectivo é preparar os avogados e avogadas pertencentes ás listas da quenda de oficio dos colexios de avogados para que poidan exercer a defensa dos menores ao longo de todo o proceso xudicial e durante a execución das medidas que se adopten.
Datas: de setembro a decembro de 2015
Horas lectivas: 50
Prazo de inscrición: 15 de setembro de 2015
Inscrición: secretaría do ICA de Santiago (o alumnado que xa participou en cursos anteriores nesta plataforma pode automatricularse dende a páxina web avogacia.gal)
Custo: gratuíto para exercentes; 50 € para non exercentes e demais interesados

