A Avogacía de Santiago asina un convenio de colaboración con Unayta para impulsar a transformación dixital dos colexiados
O Colexio da Avogacía de Santiago asinou un acordo de colaboración con ‘Unayta Oficinas sen papeis’, unha consultora especializada na dixitalización, conservación documental e transformación dixital, que conta cunha sólida traxectoria no deseño e a implantación de solucións para a mellora de procesos documentais, a xestión eficiente de arquivos e a implementación da oficina sen papel.
O acordo, asinado por primeira vez no colexio con sinatura biométrica polo decano, Francisco Rabuñal, e Balbina Gandará, en representación de Unayta, suporá a posta en marcha de accións formativas conxuntas e importantes descontos (do 25%) para os colexiados e colexiadas interesadas nos seguintes servizos de transformación dixital e consultoría documental:
Dixitalización de procesos administrativos: Solucións personalizadas para optimizar a xestión documental dos despachos; Implementación de sistemas de arquivo dixital; Optimización de procesos de xestión documental para favorecer a transición cara a contornas sen papel; Automatización de fluxos de traballo con ferramentas que permitan a automatización de tarefas administrativas recorrentes; Consultoría especializada en anonimización de datos e documentos sensibles, e Implementación de sistemas de sinatura biométrica.
Por outra parte, Unayta ofrecerá un servizo especializado de Auditoría Documental adaptado ás necesidades dos colexiados e colexiadas interesadas.

