A Avogacía celebra en Lugo as XIII Xornadas contra a Violencia de Xénero.
O Consello Xeral da Avogacía Española celebra este ano en Lugo os días 23 e 24 de outubro as XIII Xornadas contra a Violencia de Xénero. Un espazo para debatir retos, compartir experiencias e reforzar a defensa das vítimas.
A Xunta de Goberno do Colexio da Avogacía de Santiago acordou a aprobación de 10 bolsas de 300 euros destinadas aos letrados e letradas do servizo de asistencia e asesoramento a vítimas de violencia de xénero deste colexio que asistan ás xornadas.
Estas bolsas teñen como finalidade axudar a sufragar os gastos de asistencia (desprazamento e estancia) ás xornadas, que se consideran de especial interese para potenciar a formación continua específica na materia (esixida pola normativa vixente).
Organizadas pola Avogacía Española baixo o lema ‘Compromiso, formación e cercanía en defensa das vítima’, o encontro reunirá a maxistrados, xuíces e letrados de distintos colexios da avogacía expertos na materia para analizar os retos que plantexa a atención ás vítimas, compartir experiencias e debatir sobre os avances normativos e organizativos na materia.

